Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Blippar

Blippar, unha aplicación capaz de darnos información dun obxecto

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 19/03/15 (12:19)

Blippar é un software de realidade aumentada creado en 2011 para que as marcas puidesen anunciarse neste tipo de contornas. Agora a empresa quere dar o salto á masa e preparou un motor de procura visual para obxectos físicos.

A tecnoloxía de Blippar era xa coñecida pola súa fidelidade á hora de escanear obxectos para poder interactuar con eles a través de programas desenvolvidos por anunciantes. Agora coa súa próxima aplicación, o usuario poderá utilizar esta tecnoloxía no seu día a día. Que non sabes que é unha cousa? Blippar escaneaa e busca información sobre ela.

É por iso que para os máis "frikis", esta aplicación converterá o seu smartphone nunha Pokedex, capaz de darnos información dun obxecto con só polo diante do noso terminal. O funcionamento de Blippar é sinxelo. A aplicación recolle información de cor e forma coa cámara, cataloga o obxecto e busca información.

Un dos seus puntos crave é que ao xerar fichas de cada un dos obxectos que se escanearan, Blippar aprenderá máis sobre a contorna na medida que se use. Polo que máis información poderá mostrar, a parte de suxerir a páxina web do obxecto, a de Wikipedia ou mesmo receitas de cociña se se escanea un alimento.

Aínda así, a Blippar quédalle un gran camiño por percorrer, xa que o seu CEO aclarou que están en conversacións para que a súa aplicación sexa capaz de recoñecer aínda mais obxectos. Fármacos, educación ou saúde, son algúns dos sectores nos que Blippar pretende aumentar a súa base de datos.

O medio The Daily Dot entrevistou a Ambarish Mitra, CEO de Blippar,  o cal declarou: "Queremos facer co mundo físico o mesmo que Google fixo en Internet".

Segundo a fonte, parece ser que a aplicación será lanzada o 1 de abril e funciona bastante ben. Sen ter ningún problema para recoñecer un cachorro de golden retriever ou unha mazá, haberá que seguir a Blippar para ver se converte o noso móbil nun Pokedex.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal