Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Premios Incuvi
13/03/15 (11:57)
A cuarta edición dos Premios INCUVI-Emprende xa ten nomes propios: os dos gañadores finais desta convocatoria, a máis concorrida de cantas se teñen lanzado dende a Universidade de Vigo e os seus Campus. En total, temos 12 proxectos gañadores. Nesta edición participaron por vez primeira as iniciativas empresariais da incubadora do Campus de Ourense, que conseguiron facerse con catro dos galardóns. Outros seis foron para proxectos do Campus de Vigo e os dous restantes para start-ups emprazadas en Pontevedra.
Logo Xornadas para ELLL
13/03/15 (10:42)
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), celebra o vindeiro luns, 16 de marzo, o I Encontro para o Desenvolvemento da Administración Electrónica, “Un compromiso conxunto cara os cidadáns”.
Logo Click Doctors
13/03/15 (09:16)
Click Doctors é unha revolucionaria aplicación móbil que vai facer moito máis fácil a xestión da saúde persoal. Desde a innovación, a saúde e a xestión de persoas únense mediante un apoio continuo entre facultativos e pacientes. Grazas á app móbil de Click Doctors é posible monitorizar a saúde dun familiar ou a nosa propia, e ademais, contratar directamente servizos de reputados profesionais médicos e farmacéuticos.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal