Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Click Doctors

Click Doctors, a app móbil que facilita a xestión da saúde persoal

  • Ideable Solutions como experto tecnolóxico e a empresa catalá Llar i Salut, como especialista en asistencia domiciliaria, unen os seus esforzos para crear esta aplicación baseada na tecnoloxía Kwido 
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 13/03/15 (09:16)
Click Doctors é unha revolucionaria aplicación móbil que vai facer moito máis fácil a xestión da saúde persoal. Desde a innovación, a saúde e a xestión de persoas únense mediante un apoio continuo entre facultativos e pacientes. Grazas á app móbil de Click Doctors é posible monitorizar a saúde dun familiar ou a nosa propia, e ademais, contratar directamente servizos de reputados profesionais médicos e farmacéuticos que permiten:
  • Monitorización. A saúde do usuario está controlada por un equipo médico as 24 horas do día, os 365 días do ano con servizo de alertas que avisan ao usuario cando se superan os límites establecidos.
  • Atención farmacéutica personalizada. Un equipo de farmacéuticos preparará e ordenará a medicación dos usuarios de acordo coa prescrición médica para unha correcta toma e administración dos medicamentos.
  • Apoio farmacéutico continuo. Dispoñibilidade de teléfono de contacto para resolver calquera dúbida relacionada coa medicación dos usuarios.
  • Asistencia presencial. Desde a mesma aplicación é posible contratar a un equipo multidisciplinar para o coidado dun paciente no seu propio domicilio.
  • Videochamada con profesional médico. En calquera momento o usuario poderá solicitar falar cos médicos que Click Doctors pon á súa disposición a través dun sistema de videochamada que lles permitirá realizar consultas persoais.

Todos estes servizos pódense contratar de modo online desde o móbil do usuario a un prezo realmente alcanzable. Click Doctors é o mellor investimento para a tranquilidade dos coidadores no seguimento e control de crónicos e maiores, logrando unha alta adherencia aos tratamentos farmacolóxicos.

Este acceso tan revolucionario a servizos de saúde desde unha app móbil foi recompensado coa confianza demostrada pola Fundación Mobile World Capital Barcelona ao incluír a Click Doctors entre as principais apps móbiles de todo o mundo, que serán presentadas no MWC 2015, o evento anual máis importante do mundo da comunicación móbil e que converterá un ano máis a Barcelona no centro do mundo tecnolóxico entre os días 2 ao 5 de marzo.

Para Ideable en alianza con Llar i Salut e a nosa plataforma kwido trátase dun gran fito e un recoñecemento ao noso continuo traballo no mundo da saúde móbil durante os últimos anos. Ademais, supón tamén un inmellorable lanzamento para Click Doctors.

 

Tema: Xeral
Fonte: Entremayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal