ILUNION, o grupo de empresas do ONCE e a súa Fundación, traerá ao mercado español as aplicacións Predictable e ChatAble, desenvolvidas pola empresa británica Therapy Box e deseñadas para persoas con dificultades para expresarse oralmente debido a algunha enfermidade ou discapacidade.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca máis de 500 prazas de avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, está orientada a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.
Falling in code, iniciativa nada co obxectivo de 'inspirar ás mozas nas novas tecnoloxías', organizou con motivo do Día da Muller, que tivo lugar este domingo 8 de marzo, #GirlsHackFIC, un hackatón só para mozas.