Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Adolescente usando portátil

#GirlsHackFIC, un ‘hackatón’ só para mozas

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 10/03/15 (09:16)

Falling in code, iniciativa nada co obxectivo de 'inspirar ás mozas nas novas tecnoloxías', organizou con motivo do Día da Muller, que tivo lugar este domingo 8 de marzo, #GirlsHackFIC, un hackatón só para mozas. A competición, que tivo lugar en Barcelona, reuniu a máis de 40 mozas de entre 8 e 15 anos que aprenderon a programar con Scratch, a deseñar e imprimir as súas creacións en 3D ou a construír os seus instrumentos de música con Makey Makey, un dispositivo que conectado a un computador, permite facer de case calquera obxecto un teclado musical.

A idea do evento, de carácter gratuíto, e no que colabora a revista feminina tecnolóxica Gadwoman.com, entre outros participantes, é promover que as mozas interactúen coa tecnoloxía, a ciencia e a innovación, á vez que comparten experiencias e se divirten de forma creativa e construtiva. Marta Salsench, unha das impulsoras de Falling in code, asevera que aínda que cada vez máis aspectos da nosa vida están desenvolvidos con tecnoloxía 'as mulleres non estamos suficientemente representadas nin nas compañías, nin nos centros de investigación nin nos centros de decisión onde esta se desenvolve'. 'Cremos que cantas máis nenas e adolescentes poidan entrar en contacto con tecnoloxía en idades temperás lograremos que haxa máis mulleres traballando no campo da tecnoloxía e enxeñaría', sentenza.

Falling in code traballa para reducir a fenda de xénero nas TIC
O movemento Falling in code, nacido en Barcelona, está formado por mulleres provintes de diferentes ámbitos como a tecnoloxía, a educación ou a comunicación, que se reuniron baixo esta iniciativa co fin de 'reducir a fenda de xénero entre homes e mulleres no mundo das TIC, a partir da educación e de inspirar a través de modelos femininos de éxito en ciencia e tecnoloxía'.

Desde o proxecto lembran que de cada 1.000 graduadas en Europa só 29 teñen un título relacionado coas TIC fronte a 95 homes. Ademais, segundo o informe da UE 2013 sobre as mulleres no sector do TIC, aínda que as mulleres ocupan máis do 60% de empregos relacionados coas TIC nos países da OCDE só entre o 10 e 20% son programadoras, enxeñeiras, analistas de sistemas ou deseñadoras.

Eva Barberá, do equipo de Falling in Code, recalca que 'Ningún país debe deixar escapar o talento; é unha perda de talento o que non haxa tantas mulleres como homes que vexan a tecnoloxía como unha saída profesional e está demostrado que cando as mulleres están máis formadas, as tecnoloxías son máis produtivas, un pouco igual que pasa coas empresas, as que ten equipos máis equilibrados pois tamén son máis rendibles'.

Tema: Xeral
Fonte: TICbeat
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal