Este sábado celebrouse en Lugo un encontro para estreitar ligazóns entre a terceira idade e Sociedade do Coñecemento. Falamos da Xornada sobre retos e oportunidades das novas tecnoloxías para os nosos maiores organizada pola Fundación TIC (Deputación de Lugo), que contou coa participación (entre outras relatoras) da creadora do Método Hoffmann e fundadora da rede de franquías de Centros de Día Vitalia, Catalina Hoffmann.
A Fundación CNSE, co apoio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, lanzou a aplicación Te Cuenta, para dispositivos Android, que ten o obxectivo de fomentar a lectura entre as persoas xordas.
Os teléfonos intelixentes ou smartphones poderían ser tan eficaces como un electrocardiógrafo convencional na detección precoz dun infarto, segundo xorde dun estudo piloto realizado en Estados Unidos por un equipo de investigadores e médicos.