Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Xardín programable do MIT
25/02/15 (07:58)
Non só Scratch, o MIT ten entre mans outro desenvolvemento pensado para ensinar a programar. Menos software e algo máis de interacción con obxectos físicos, que poderemos programar e modificar ao noso gusto e tamén comprobar como funcionan algúns algoritmos.
Participantes nas actividades de dinamización da Fundación TIC en Lugo
25/02/15 (07:48)
Será entre o 25 e o 26 de febreiro, cando o Centro de Innovación Social da Fundación TIC da Deputación de Lugo adique dúas xornadas aos lucenses maiores de 55 anos, baixo o epígrafe Abertic Maiores. O obxectivo desta iniciativa é difundir o traballo do InLugo na promoción do uso das novas tecnoloxías entre as persoas de máis idade para mellorar a súa calidade de vida e benestar con actividades que estimulen as súas habilidades mentais e físicas.
Big Notifications
24/02/15 (10:40)
Big Notifications é unha aplicación para Android que facilita o acceso ás notificacións no Smartphone a persoas con algunha limitación visual. A ferramenta, ademais de aumentar o tamaño do texto mellora o contraste entre o fondo e a letra.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal