Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Big Notifications

Big Notifications mellora a visualización das notificacións no móbil

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 24/02/15 (10:40)

Big Notifications é unha aplicación para Android que facilita o acceso ás notificacións no Smartphone a persoas con algunha limitación visual. A ferramenta, ademais de aumentar o tamaño do texto mellora o contraste entre o fondo e a letra.

A aplicación é moi fácil de utilizar e funciona como un complemento que se activa cando o decide o usuario e pode desactivarse en calquera momento. Ademais, permite ao usuario personalizar o tamaño da letra, segundo as súas necesidades.

Big Notifications é compatible con terminais que operen con Android 4.3 ou superior e está dispoñible para descarga gratuíta desde Google Play.

Tema: Xeral
Fonte: Amovil
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal