Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Lukkin
24/02/15 (10:32)
Lukkin é un espazo que conecta ás persoas ao redor de causas comúns co obxectivo de inspirar un cambio impulsado pola colaboración. Ao darche de alta nesta rede, terás o teu propio espazo para contar as túas ideas e iniciativas e así involucrar a máis persoas que estean dispostas a traballar por un cambio.
Alfonso Rueda na inauguración da XIII Xornada de Nais e Pais
24/02/15 (07:56)
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda incidiu na importancia dun uso responsable e seguro das novas tecnoloxías coa fin de evitar os posibles riscos por razón de xénero, e na busca da prevención da violencia sexual en adolescentes e dos comportamentos machistas e sexistas nos novos medios de socialización e convivencia dixital.
Mar Pereira na clausura do Foro Smart City
24/02/15 (07:44)
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) avanzou que a nova Axenda Dixital de Galicia 2020, que está a elaborar o seu departamento, afonda na estratexia de transformación de Galicia nun territorio intelixente, que impulse a proliferación de servizos intelixentes facilitando a súa reutilización e intercambio.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal