Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
D3mobile
18/02/15 (10:19)
O reitor da USC, Juan Viaño, e o director da Fundación Vodafone España, Santiago Moreno, asinarán este mércores 18 de febreiro, a partir das 12.30 horas, na sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, un convenio entre as dúas institucións para o desenvolvemento da ‘D3mobile Metrology World League 2015’, un campionato mundial de modelado 3D de precisión con teléfono móbil promovido polo grupo de investigación Uscan3D da Escola Politécnica Superior da USC e aberto á participación de estudantes de ensinanzas medias.
UrticariApp
18/02/15 (09:46)
A aplicación móbil, chamada UrticariApp - Urticaria baixo control, permite aos pacientes manter un rexistro da actividade diaria da súa enfermidade de forma sinxela e consultar a súa evolución ao longo do tempo.
Evoz
18/02/15 (09:19)
Evoz é un monitor de bebés conectado que non só conta cunha cámara de alta definición para poder facer un seguimento dun cativo dende calquera lugar, senón que tamén gozaría de certa interactividade, xa que dende a aplicación móbil dende a que se xestiona a cámara tamén podemos activar a reprodución de arrolos para adormentar á criatura ou incluso falarlle a través do dispositivo.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal