A empresa vasca Nesplora, co apoio do Ministerio de Industria, vén de desenvolver o que considera “o primeiro programa integral en castelán para a prevención de condutas relacionadas co acoso escolar ou bullying”. Chámase Monité e inclúe catro elementos fundamentais: un videoxogo, ao que se pode acceder a través de Internet; manuais para pais con posibilidade traballar cos fillos, educadores e terapeutas; material complementario como vídeos e contos; e unha páxina web para compartir experiencias e reforzar a aprendizaxe.
Meritxell Molina (@meritxellmolina) é unha moza emprendedora de 22 anos especializada en neuropsicología, a cal creou, xunto a un grupo de enxeñeiros informáticos, un software de comunicación intelixente dirixido a persoas que ben por un trastorno neurolóxico, unha enfermidade ou un accidente non poden comunicarse, ou non o poden facer de maneira efectiva.
A Fundación Planeta Imaxinario presentou as apps AbaPlanet 1.0 e iSecuencias 3.0, ámbalas dúas deseñadas principalmente para nenos con necesidades especiais como o Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e outros trastornos da aprendizaxe.