Os resultados obtidos durante o tres últimos exercicios foron realmente satisfactorios, con preto de 10.000 persoas maiores que recibiron formación -presencial, telepresencial e online- en temas relacionados coas novas tecnoloxías. A importancia deste proxecto non só vén marcada polo número de persoas maiores que recibiron formación, senón tamén polo grao de satisfacción dos mesmos e a súa presenza activa na sociedade.
Os nenos convertéronse nun público moi importante para empresas desenvolvedoras de 'software'. Os máis pequenos da casa comezaron a ser habituais usuarios de 'smartphones' e 'tablets' e por iso é polo que nos encontramos, cada vez máis, con multitude de 'apps' para nenos.
As alumnas da Escola Universitaria de Deseño Industrial da Universidade da Coruña, situada no campus de Ferrol, regresaron onte de Dubái onde estiveron competindo no concurso internacional Drones for Good, no que que acadaron o terceiro posto co seu prototipo Dronlife.