A Fundación CNSE, co apoio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, lanzou a aplicación Te Cuenta, para dispositivos Android, que ten o obxectivo de fomentar a lectura entre as persoas xordas. A ferramenta, que funciona como un lector dixital, ademais de conter unha interesante biblioteca de contos traducidos á lingua de signos española, permite aos usuarios editar os seus propios.
A primeira descarga inclúe o conto Platero e Eu, de Juan Ramón Jiménez. O usuario terá que descargar o resto directamente da CNSE. Entre algúns títulos xa traducidos á lingua de signos, figuran A Celestina, de Fernando Rojas; O Lazarillo de Tormes; Vodas de Sangue, de Federico García Lorca e unha selección de poemas de Miguel Hernández.
A aplicación é gratuíta e está dispoñible para a descarga desde o Google Play.
Rexístrate como: