Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo amovil e Orange

Orange actualiza o seu catálogo de móbiles accesibles, que conta coas evaluacións de Amóvil

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 18/03/15 (10:58)

Como parte do seu compromiso coa integración social das persoas con discapacidade, a teleoperadora Orange actualizou o seu catálogo de móbiles accesibles, Atopa o teu móbil, para facilitar que os usuarios identifiquen os móbiles que mellor se axusten ás súas necesidades. A información achegada procede das avaliacións realizadas polos expertos de Amóvil.

O catálogo é moi fácil de usar e dá aos usuarios a opción de seleccionar o perfil ao que mellor se axusten así como algunhas funcionalidades que desexen no seu terminal, por exemplo, tecnoloxía NFC, compatibilidade con audífonos, entre outros.

Entre as novidades incluídas figura unha páxina de noticias sobre accesibilidade difundidas polas diferentes organizacións a través de Twitter.

Os usuarios, ademais, poderán obter información sobre aplicacións deseñadas para mellorar a accesibilidade aos terminais móbiles.

Orange colabora con diversas organizacións dedicadas á discapacidade, entre elas, o ONCE e a súa Fundación, a Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) e FIAPAS. A web de Orange ofrece máis información.

Tema: Xeral
Fonte: Amovil
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal