O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acolle os días 15 e 22 de setembro dúas sesión formativas que levan por título “Desenvolvemento de portais web con Drupal: nivel básico” (https://cdtic.xunta.es/webs-drupal-basico) e “Desenvolvemento de portais web con Drupal: nivel avanzado” (https://cdtic.xunta.es/webs-drupal-avanzado), respectivamente, que se desenvolverán en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 18.30.
A Fundación Universitaria San Pablo-CEU e a Fundación Vodafone España impartirán, por cuarto ano consecutivo, formación gratuíta sobre informática, redes sociais e Internet para maiores de 40 anos.
Tras o descanso estival, os Centros de Maiores da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) abriron de novo as súas portas o 1 de setembro. O curso comeza coa posta en marcha do novo proxecto de envellecemento activo deseñado pola entidade que ten como obxectivo pór en valor a experiencia dos maiores en beneficio da comunidade a través de programas interxeneracionais ou do voluntariado social e profesional.