A empresa galega Tagen Ata, centrada no ensino e nos recursos tecnolóxicos abertos, vén de presentar un máis que completo feixe de accións formativas baixo a óptica de coñecemento sen atrancos e con vistas a cubrir, formativamente, a tempada docente outono-inverno. En total, trátase de seis novos cursos en liña, algúns de balde e outros con prezos accesíbles, dirixidos ao público en xeral e achegando flexibilidade de abondo como para adaptárense aos diferentes ritmos e horarios dos destinatarios.
O Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) está a mellorar a súa proxección a través de Internet. Nos últimos meses, o Imserso modificou a súa páxina web e presentou a App Dependencia, co obxectivo de adaptarse aos novos tempos e ofrecer unha mellor cobertura ás persoas maiores.
ILUNION comezou a incorporar en turismos bucles de indución magnética, un sistema pouco coñecido en España, que elimina o ruído de fondo e que permite ás persoas xordas que utilizan audífonos e implantes compatibles con esta tecnoloxía escoitar con claridade no interior do coche.