O novo programa vai dirixido sobre todo aos maiores da Cidade da Muralla e a súa contorna. Abordarase, entre outras cousas, o manexo do computador, a tableta ou os dispositivos intelixentes en xeral. Tamén se achegarán conceptos básicos sobre como manexármonos en Internet ou nas redes sociais.
Este seminario céntrase na ferramenta Owncloud, unha solución para a creación dun servizo de almacenamento e compartición segura de ficheiros na nube (cloud computing). Owncloud constitúe unha alternativa libre a outras solucións privativas como Dropbox, Microsoft Onedrive ou Google Drive. Na xornada trataranse as necesidades específicas do terceiro sector, a xestión da información na contorna lexislativa e a protección de datos e as solucións que ofrece Owncloud, así como as súas capacidades técnicas.
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), organizará o vindeiro día 10 de outubro o evento “Scratch Day” no que os participantes poderán acceder de forma lúdica e divertida ao mundo da programación, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento.