Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Costelas impresas en 3D
14/09/15 (09:03)
O último gran avance médico grazas ás impresoras 3D deuse de feito no noso país, onde un equipo do Hospital Universitario de Salamanca conseguiu trasplantar con éxito por primeira vez no mundo un esternón e unhas costelas impresas a un paciente que sufrira un sarcoma na parede torácica.
A profesora e investigadora Jose Piñeiro, responsable do seminario
11/09/15 (12:22)
A Vicerreitoría do Campus de Pontevedra anunciou esta semana o desenvolvemento, entre os días 15 e 17, dun seminario sobre o uso pedagóxico da Rede. A actividade, que se basea na premisa de adaptar o ensino ás necesidades e demandas do coñecemento actual e dos propios alumnos (para as novas xeracións, Internet semella ser unha especie de medio natural de comunicación, lecer e até de estudo), vén da man da investigadora Jose Piñeiro. Trátase dun curso de balde que ten aberto, xa, o seu prazo de inscrición. Segundo conta Piñeiro, cumpren accións formativas que nos axuden a extraer as mellores habilidades da interacción alumnado-Rede.
TICSenior
11/09/15 (10:20)
A Universidade de Vigo, coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar e FEUGA, e o apoio de Cruz Vermella, Secot e Fegaus, entre outras entidades, aposta pola innovación e impulso para involucrar ao colectivo senior en accións de voluntariado social e económico a través do uso das novas tecnoloxías. Este é o obxectivo inicial co que naceu, en 2014, o proxecto TICSenior, unha iniciativa na que se colabora con institucións e organizacións que prestan servizos sociais e outras como as de asesoramento a emprendedores, formación de colectivos específicos e asistencia ás administracións públicas nos seus programas sociais.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal