Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
TICSenior

TICSenior pon o acento no fomento do voluntariado e a integración dos maiores

  • A xornada, que se celebrará o 7 de outubro en Santiago, é unha iniciativa da Universidade de Vigo que conta co apoio da Xunta e Feuga
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 11/09/15 (10:20)

A Universidade de Vigo, coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar e FEUGA, e o apoio de Cruz Vermella, Secot e Fegaus, entre outras entidades, aposta pola innovación e impulso para involucrar ao colectivo senior en accións de voluntariado social e económico a través do uso das novas tecnoloxías. Este é o obxectivo inicial co que naceu, en 2014, o proxecto TICSenior, unha iniciativa na que se colabora con institucións e organizacións que prestan servizos sociais e outras como as de asesoramento a emprendedores, formación de colectivos específicos e asistencia ás administracións públicas nos seus programas sociais.

O 7 de outubro celébrase unha nova edición desta xornada cuxo obxectivo a longo prazo é, como sinalan desde a organización, é abrir unha perspectiva nova, desde o punto de vista dunha maior integración dos maiores na súa contorna próxima e mesmo global, baixo as premisas do envellecemento activo.

O enfoque faise desde as tecnoloxías TIC, en canto a recursos destinados a facilitar a dicir integración a través de redes e repositorios de coñecemento, pero orientado ás persoas que culminan a súa vida de traballo ou están próximas a facelo.
Así, esta edición de 2015 pon o acento no voluntariado senior, en concreto fomentando e construíndo redes sociais que faciliten a integración do maior na sociedade. 'É por iso que presentamos esta nova xornada como parte dun gran proxecto que involucre a un número importante de voluntarios senior a través dos seus perfís, e ás organizacións, en especial ONG que levan a cabo labores sociais de gran impacto na comunidade', destaca Miguel Merino, director de TICSenior.

En canto ao perfil de profesionais que poden sumarse a esta xornada atópanse profesores e investigadores do tres universidades de Galicia; planificadores de programas universitarios para maiores; xestores dos organismos colaboradores dependentes da Xunta; profesionais de departamentos da Xunta relacionados con servizos asistenciais a maiores; empresas TIC que desenvolven produtos e aplicacións orientados a maiores; empresas que prestan servizos de asistencia a maiores: residencias, servizos asistenciais e de lecer; profesionais interesados en desenvolvemento empresarial, incluídos servizos financeiros; asociacións de directivos empresariais, entre outras.

 

Obxectivos da xornada

  • Contribuír ao coñecemento sobre necesidades, estado actual da cuestión, da situación en Galicia tanto desde as institucións como de centros de innovación e empresas en relación a esta temática.
  • Crear grupos de traballo multidisciplinares en contornas tecnolóxicas e de empresa, dispostos a abordar proxectos de innovación tanto para acudir a futuras convocatorias de axudas nacionais e europeas ao redor desta temática, como para abordar proxectos conxuntos de desenvolvemento de produtos e servizos baseados en tecnoloxías TIC.
  • Establecer a base dun futuro congreso internacional cuxa sede se situaría en Galicia, que constitúa un punto de referencia a nivel global, e en especial europeo de innovación orientada ao desenvolvemento de produtos e solucións conectadas co voluntariado, o envellecemento activo e mellora da calidade de vida dos maiores.
  • Constituír en Galicia un Foro permanente de 'Voluntariado e calidade de vida do maior' reunindo a todos os actores posibles participantes no mesmo e facerlles chegar toda a información dispoñible, estado da cuestión a nivel nacional de España e de Europa, iniciativas en marcha e oportunidades tanto para o mundo académico, científico e tecnolóxico de Galicia, como para o empresarial, en especial o sector TIC.
Tema: Xeral
Fonte: entremayores.es
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal