
A Universidade de Vigo, coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar e FEUGA, e o apoio de Cruz Vermella, Secot e Fegaus, entre outras entidades, aposta pola innovación e impulso para involucrar ao colectivo senior en accións de voluntariado social e económico a través do uso das novas tecnoloxías. Este é o obxectivo inicial co que naceu, en 2014, o proxecto TICSenior, unha iniciativa na que se colabora con institucións e organizacións que prestan servizos sociais e outras como as de asesoramento a emprendedores, formación de colectivos específicos e asistencia ás administracións públicas nos seus programas sociais.
O 7 de outubro celébrase unha nova edición desta xornada cuxo obxectivo a longo prazo é, como sinalan desde a organización, é abrir unha perspectiva nova, desde o punto de vista dunha maior integración dos maiores na súa contorna próxima e mesmo global, baixo as premisas do envellecemento activo.
O enfoque faise desde as tecnoloxías TIC, en canto a recursos destinados a facilitar a dicir integración a través de redes e repositorios de coñecemento, pero orientado ás persoas que culminan a súa vida de traballo ou están próximas a facelo.
Así, esta edición de 2015 pon o acento no voluntariado senior, en concreto fomentando e construíndo redes sociais que faciliten a integración do maior na sociedade. 'É por iso que presentamos esta nova xornada como parte dun gran proxecto que involucre a un número importante de voluntarios senior a través dos seus perfís, e ás organizacións, en especial ONG que levan a cabo labores sociais de gran impacto na comunidade', destaca Miguel Merino, director de TICSenior.
En canto ao perfil de profesionais que poden sumarse a esta xornada atópanse profesores e investigadores do tres universidades de Galicia; planificadores de programas universitarios para maiores; xestores dos organismos colaboradores dependentes da Xunta; profesionais de departamentos da Xunta relacionados con servizos asistenciais a maiores; empresas TIC que desenvolven produtos e aplicacións orientados a maiores; empresas que prestan servizos de asistencia a maiores: residencias, servizos asistenciais e de lecer; profesionais interesados en desenvolvemento empresarial, incluídos servizos financeiros; asociacións de directivos empresariais, entre outras.
Obxectivos da xornada
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/ticsenior.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()