A asociación Ponte nas ondas! está a impulsar nos centros escolares a formación avanzada en radio dixital, amais dun portal que sexa o alicerce divulgativo dos centros con vertente comunicativa a través destas canles.
A empresa galega Televés vén de participar no proxecto Smart Assist, unha solución para emprestar apoio a persoas con discapacidade, maiores que precisan coidados ou persoas con necesidades especiais, sen esquecerse dos seus coidadores.