Telefónica Open Future, o programa global para apoiar o talento dos emprendedores, NH Hotel Group e Acción contra a fame únense para levar adiante o Open Future VR Challenge, a primeira convocatoria para que emprendedores de todo o mundo elaboren solucións de realidade virtual para os sectores de turismo, industria e emprendemento social.
Inserta, a entidade da Fundación ONCE para a formación e o emprego das persoas con discapacidade, participará os próximos días 25, 26 e 27 de novembro no Socialweekend, un evento para emprendedores de proxectos sociais promovido por Enviroo e apoiado tamén polo Concello da Coruña e a Fundación Aquae.
A Tecnópole inaugura hoxe a décimo primeira edición de Galiciencia. a maior feira científica de Galicia que se prolongará ata o venres coa exposición de 75 proxectos procedentes de 35 colexios e institutos.