Na aula Cemit de O Carballiño a edil de Benestar, Igualdade e Saúde presentou onte un curso sobre “adquisición e desenvolvemento de habilidades sociais e hábitos laborais” e outro de “Alfabetización dixital” dirixidos ao colectivo de poboación xitana.
Jon Froehlich, investigador da Universidade de Maryland, está a presentar un dispositivo que busca axudar no labor de lectura ás persoas invidentes, o cal consiste nunha diminuta cámara conectada a un computador coa que poderán recoñecer cada unha das palabras en diversos formatos.
O Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio de Hewlett Packard Enterprise (CEIN) en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Situm Technologies, convoca a primeira edición do Hackathon Big Data & Analytics HPE, que terá lugar os días 25 e 26 de novembro de 2016 na sede das súas oficinas na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.