A iniciativa de crowdworking que Telefónica impulsa na nosa terra, o centro de emprendemento Galicia Open Future, segue a ser fonte de achegas innovadoras e revolucionarias, de gran potencial para loitar contra problemas sociais, atrancos comunicativos ou doenzas concretas. Un exemplo disto é o proxecto iQ-Brain, un software de axuda ao diagnóstico médico, encamiñado á detección temperá de doenzas neurodexenerativas: demencia, alzhéimer ou párkinson.
Este curso, de carácter introdutorio, permite comprender e aplicar os principios do Deseño para Todos e os Produtos de Apoio nas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC), tomando como basee fundamentos da Interacción Persoa-Computador. Os contidos do curso son accesibles con nivel AA segundo as WCAG 2.0 de WAI.