Lugo,
08/11/16 (09:38)
O programa InLugo que promove a Deputación para o uso das tecnoloxías da información conseguiu a penetración no ámbito da terceira idade. E é que máis de 400 maiores da provincia participaron neste cuarto trimestre nas actividades que se programaron dentro do citado proxecto, que xestiona a Fundación TIC. Un dos seus patróns e vicepresidente provincial, Álvaro Santos, visitaba onte un dos talleres gratuítos que se imparten na sede da TIC, en concreto o titulado Escribe non ordenador empregando un editor de texto, ao que acoden quince persoas. Os maiores aprenden a dar os seus primeiros pasos e a familiarizarse co uso do teclado do computador e os aspectos máis básicos do procesador de textos WordPad. Pero InLugo ten outras actividades de formación, como Alimentatic, un programa de talleres para mellorar, a través das novas tecnoloxías, os hábitos de alimentación dos maiores. En outubro participaron 200 persoas en cursos en Láncara, O Corgo ou Guitiriz. As charlas foron impartidas polo especialista en Nutrición Manuel Antonio Botana. Este mes, este programa chegará a Paradela, Pol e Ourol.
Memoria Dixital Lugo
Por outra banda, no último trimestre deste ano a TIC desprazarase por toda a provincia para impartir 15 talleres sobre o uso do móbil, coa finalidade de gravar os recordos dos lucenses participantes e que formarán parte do arquivo Memoria Dixital Lugo, no que se inclúen vídeos, audios, fotos antigas e diversos documentos que axudarán a coñecer mellor a historia recente de Lugo. Pódense consultar en www.memoriadixitallugo.es.
EN CIFRAS
- 29 cursos: Son os cursos programados para o último trimestre (19 xa celebrados)
- 221 sen praza: Un exemplo do éxito é a xente que quedou fose (575 para 354)
- 15 talleres: A TIC irá pola provincia con cursos específicos (Uso do móbil)
Tema: Xeral
Fonte:
La Voz de Galicia