A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de renovar a súa web co obxectivo de facilitar e potenciar o acceso aos servizos dixitais da Xunta a cidadáns e empresas, estruturando a información en función dos perfiles dos usuarios.
O xurado do programa ‘Connecting for Good Galicia’ vén de seleccionar os seis proxectos emprendedores de innovación social que formarán parte da primeira edición do programa impulsado pola Fundación Vodafone España en colaboración con Vodafone e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
A Galiciencia deste ano (edición 11) promete ser máis que nunca unha feira de coñecemento e innovación con vistas ao futuro, co engadido extra de que esta innovación vén da man de quen, por forza e por lóxica, é de por si innovadora: a nosa rapazada.