Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Social Weekend

Inserta participa na Coruña no encontro de emprendedores sociais Socialweekend

Versión para impresiónSend by email
A Coruña, 16/11/16 (13:08)

Inserta, a entidade da Fundación ONCE para a formación e o emprego das persoas con discapacidade, participará os próximos días 25, 26 e 27 de novembro no Socialweekend, un evento para emprendedores de proxectos sociais promovido por Enviroo e apoiado tamén polo Concello da Coruña e a Fundación Aquae. Terá lugar no Centro Accede Papagaio da Coruña.

Un grupo de emprendedores con discapacidade exporán as súas ideas de negocio e darán a coñecer as potencialidades das persoas con discapacidade. As súas iniciativas serán avaliadas polo mesmo xurado que dedicirá os proxectos que resulten premiados ao finalizar a xornada.

Esta esta iniciativa pretende fomentar o desenvolvemento de proxectos sociais, apoiando aos emprendedores. Durante unha intensa fin de semana de traballo, os participantes poderán inspirarse e motivarse con xente afín, aprender a lanzar unha idea e validar un proxecto para que sexa sustentable economicamente e perdure no tempo. Para iso utilizaranse presentacións, charlas, obradoiros formativos, asesoramento de mentores especializados, e networking.

O encontro está aberto tanto a emprendedores sociais que queren lanzar un proxecto, como a profesionais do ámbito social en busca de inspiración e aprendizaxe, ou entidades que caracter social. Todo aquel que queira apuntarse pode facelo de maneira gratuíta en http://acoruna.socialweekend.org

Durante a presentación do encontro, que tivo lugar onte á mañá na Coruña, Alberto Lema, concelleiro de Emprego e Economía Social do Concello da Coruña, destacou "a aposta do Goberno local por fomentar accións de emprendemento social", como esta iniciativa promovida polo portal de emprego verde Enviroo.

Pola súa banda, Belén Almagro, adxunta á direción de Inserta en Galicia asegurou "que o emprendemento é unha vía importante para que as persoas con discapacidade se insíran no mercado laboral e poidan levar unha vida normalizada, unha tarefa na que traballa Inserta, grazas á cofinanciación do Fondo Social Europeo".

Agustín Valentín-Gamazo, CEO de Enviroo afirmou que "esa fin de semana é a ocasión perfecta de pór en común ideas e persoas con inquietudes comúns, e aprender da man de especialistas a materializar proxectos, facer contactos e coñecer a outras persoas con similares inquietudes e ilusións, traballando e colaborando xuntos durante toda unha fin de semana".

O encontro arrincará o venres 25 pola tarde, cando se presentarán e votarán as mellores ideas e formaranse os equipos de traballo. De sábado a domingo ao mediodía os participantes desenvolverán as ideas coa axuda de mentores, charlas e obradoiros de formación. O domingo ao mediodía, ao finalizar o evento, presentaranse as ideas finalistas e o xurado decidirá os tres proxectos gañadores e entregará os premios.

Toda a información e inscricións na web: http://acoruna.socialweekend.org

Tema: Xeral
Fonte: Fundación ONCE
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal