Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel do evento

A D3Mobile do Campus Terra da USC participou este domingo na YouWin de Los 40 Principales en Santiago

  • O director do campionato internacional ‘D3Mobile Metrology World League’, Juan Ortiz, guiou unha masterclass sobre modelado 3D con móbil
Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 14/11/16 (09:44)

O profesor da USC na Escola Politécnica Superior do Campus Terra e director do campionato mundial de modelado 3D de precisión con teléfono móbil ‘D3Mobile Metrology World League’, Juan Ortiz Sanz, guiou o pasado domingo 13 de novembro, na Cidade da Cultura de Santiago, unha masterclass sobre modelado 3D no marco da YouWin de Los 40 Principales, a feira de videoxogos e música que se desenvolveu este fin de semana na capital galega.

A sesión impartida por Ortiz Sanz no marco na YouWin desenvolveuse baixo o título ‘Queres ser modelo 3D? Unhas fotos e o teu equipo abondan!’. Na súa intervención, este profesor da USC explicou ao público asistente as claves da elaboración e deseño de modelos 3D de precisión con teléfono móbil cun software gratuíto, ao tempo que informou sobre a súa edición e publicación na web.

Tema: Xeral
Fonte: Xornal da USC
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal