
O profesor da USC na Escola Politécnica Superior do Campus Terra e director do campionato mundial de modelado 3D de precisión con teléfono móbil ‘D3Mobile Metrology World League’, Juan Ortiz Sanz, guiou o pasado domingo 13 de novembro, na Cidade da Cultura de Santiago, unha masterclass sobre modelado 3D no marco da YouWin [3] de Los 40 Principales, a feira de videoxogos e música que se desenvolveu este fin de semana na capital galega.
A sesión impartida por Ortiz Sanz no marco na YouWin desenvolveuse baixo o título ‘Queres ser modelo 3D? Unhas fotos e o teu equipo abondan!’. Na súa intervención, este profesor da USC explicou ao público asistente as claves da elaboración e deseño de modelos 3D de precisión con teléfono móbil cun software gratuíto, ao tempo que informou sobre a súa edición e publicación na web.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/161114_40principales_jpg_1912095821.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.youwin40.com/santiago/inicio