A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar na súa canle de Youtube os vídeos correspondentes aos casos de éxito de uso de Software Libre por parte de entidades do terceiro sector presentados durante a “I Xornada de boas prácticas con Software Libre nas ONGs e Entidades de Acción Social”, que tivo lugar o pasado 22 de outubro no edificio CINC da Cidade da Cultura.
Dot é un reloxo intelixente deseñado para persoas cegas, cuxa cara é unha interfaz en Braille. O dispositivo, que ademais de dar a hora e de ofrecer diversas funcións, foi desenvolvido por un grupo de estudantes da Universidade de Washington (EE.UU.), que fundaron a startup Fingers On Strikingly.
Co obxectivo de promover as vantaxes que ofrecen os dispositivos móbiles avanzados (novos teléfonos intelixentes e tabletas) para as persoas maiores xordas, a Fundación Vodafone España e a Fundación CNSE para a Supresión das Barreiras de Comunicación lanzaron uns tutoriais sobre o uso dos smartphone.