A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar na súa canle de Youtube os vídeos correspondentes aos casos de éxito de uso de Software Libre por parte de entidades do terceiro sector presentados durante a “I Xornada de boas prácticas con Software Libre nas ONGs e Entidades de Acción Social”, que tivo lugar o pasado 22 de outubro no edificio CINC da Cidade da Cultura.
Un total de 6 vídeos están agora dispoñibles para que as persoas que non tiveron a oportunidade de asistir á xornada poidan coñecer experiencias de implantación de Software Libre en diferentes entidades asociativas e sociais así como exemplos de uso de ferramentas de Software Libre no ámbito da cooperación e inclusión social. Os relatorios dispoñibles en Youtube son os seguintes:
Gravacións dos obradoiros formativos para o terceiro sector no CDTIC
Así mesmo están tamén dispoñibles no portal de Centro Demostrador TIC as gravacións das actividades formativas en software libre dirixidas ao terceiro sector que se celebraron durante o último trimestre do pasado ano. Son un total de 8 actividades que abranguen a creación de portais web con Drupal, Wordpress, o emprego de Owncloud, OpenStreetMap ou CiviCRM.
No Repositorio Documental de Software Libre está dispoñible unha páxina recompilatoria de todo este material para facilitar a súa busca e acceso: http://wiki.mancomun.org/index.php/Ciclo_formativo_de_software_libre_par...
Esta publicación reforza o alcance da acción global desenvolvida no ciclo formativo dirixido ao terceiro sector, que tiña por obxectivo achegar as posibilidades que o software libre lles ofrece, dun modo práctico e a través da presentación de casos de éxito.
Rexístrate como: