A e-saúde e o soporte ao diagnóstico e tratamento de pacientes de ictus son algunhas das aplicacións do proxecto 'Eye Tracker', desenvolvido por un equipo de investigadores da Universidade Europea Miguel de Cervantes (UEMC) de Valladolid. Trátase dunha tecnoloxía que determina a partir dun stream de vídeo a dirección da mirada dun usuario, integrando dita tecnoloxía nun videoxogo de realidade virtual como parte da interacción do usuario co sistema.
Investigadores do 'University College of London', Reino Unido, desenvolveron un algoritmo que utiliza os datos recolleitos rutinariamente para predicir o risco a cinco anos de demencia como parte dun estudo financiado por Instituto Nacional de Investigación en Saúde (NIHR, polas súas siglas en inglés) británico.
Quen non goza viaxando en tren? É un medio de transporte cómodo, ecolóxico, rápido, seguro e cunha oferta de prezos atractiva. Por iso é tan importante que, aos poucos, se introduzan as melloras necesarias para que utilizalo resulte accesible a todo o mundo, tamén ás persoas con discapacidade ou mobilidade reducida. Renfe deu un paso nesa dirección lanzando recentemente a app Renfe Atendo (dispoñible tanto para Android como para iOS).