Hoxe é o Día da Protección de Datos en Europa, con este motivo o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Facultade de Informática da Coruña (FIC) organizarán un encontro. O obxectivo é o de que a cidadanía coñeza os dereitos e obrigas na materia, polo que a asistencia estará aberta ao público en xeral
AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) está a levar a cabo unha serie de importantes actividades de divulgación para as mulleres do rural, abranguéndose contidos tecnolóxicos e dixitais. Nesta liña insírese o obradoiro sobre a ferramenta de mensaxería Whatsapp que a asociación desenvolve para un grupo de traballadoras de Feiraco. A través deste tipo de iniciativas, AGACA quere introducir ás mulleres socias das cooperativas no uso e coñecemento das TIC.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre mañá o prazo de inscrición para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recolle na convocatoria publicada hoxe no DOG, con 180 prazas para o curso preparatorio previo ao exame presencial que terá lugar a mediados do mes de xuño.