Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Computer Keyboard BY Marcie Casas
01/02/16 (09:25)
Investigadores da UNED desenvolveron un software que valora o comportamento colaborativo entre os alumnos dun curso virtual. A ferramenta pretende ser unha axuda tanto para estudantes como para profesores que imparten clases en programas de formación a distancia, onde o número de matriculados adoita ser elevado. O estudo foi publicado recentemente na revista Expert Systems with Applications.
Sensor na pel
01/02/16 (08:32)
Un equipo de enxeñeiros estadounidenses desenvolveu un dispositivo flexible que, integrado en pezas deportivas, analiza a suor a nivel molecular en tempo real e envía os resultados a un teléfono intelixente. A información obtida poderá alertar sobre posibles problemas de fatiga, deshidratación ou temperatura alta do corpo sen necesidade de análise de sangue.
Presentación de Prestogal
01/02/16 (08:18)
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou esta mañá en rolda de prensa a plataforma web Prestogal, que quere promover e potenciar o consumo colaborativo na nosa cidade. Facilitará o intercambio, préstamo e cesión de recursos entre os veciños e veciñas da cidade.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal