Hoxe é o Día da Protección de Datos en Europa, con este motivo o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Facultade de Informática da Coruña (FIC) organizarán un encontro. O obxectivo é o de que a cidadanía coñeza os dereitos e obrigas na materia, polo que a asistencia estará aberta ao público en xeral. Na xuntanza, que dará comezo ás 11:30, aproveitarase para dar consellos sobre a protección de datos seguindo un programa, que se desenvolverá na Aula de Graos Víctor Gulías da Facultade de Informática da Coruña.
Emporiso, o CPEIG incide na importancia de que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos. Atendendo a isto, elaborou unha listaxe de recomendacións que fixo pública para contribuír a unha Sociedade da Información na que a cidadanía sexa consciente tanto de todas as oportunidades coma dos riscos que achega a Internet.
Algunhas das recomendacións son as que citamos de seguido. Sobre os antivirus, cómpre actualizalos de xeito periódico e configurar o software do navegador coas opcións de seguridade máis restritivas. En canto aos programas/ficheiros executables, mellor non descargalos, son máis susceptibles de conter software malicioso. No caso dos contrasinais, manter contrasinais longos e difíciles de adiviñar, distintos para cada web ou servizo. Sobre o Wi-Fi, particular atención ás redes sen fíos abertas: a información vai sen protección. Respecto do correo lixo, no caso de recibir correos non desexados (spam), non se debe enviar resposta, xa que se confirma a validez do enderezo electrónico. As redes sociais débese garantir a seguridade da nosa información nas redes sociais mediante unha configuración axeitada do noso perfil e empregando contrasinais). Sobre a nenez, sinalan o CPEIG e a FIC, “debemos educar aos máis pequenos nun uso seguro das redes e acompañalos na súa navegación”. E engaden: “Cómpre adoptar medidas de seguridade física e informáticas para os máis cativos, como a situación do computador na casa ou unhas horas determinadas de uso”.
PROGRAMA
Rexístrate como: