Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Miriam Reyes sostendo unha tablet
19/01/16 (08:35)
En 2009, Miriam Reyes estudaba arquitectura sen saber que un problema familiar ía derivar na actividade que hoxe ocupa o seu día a día. 'Tras o diagnóstico con autismo do noso primo, regalámoslle un conto con pictogramas para deixar o cueiro e ir só ao baño'- explica Reyes. O conto funcionou e decidiron compartilo nun blog e facelo accesible a outras familias. Así, 'O Calzón de José' supuxo un alivio para persoas nunha situación similar en todo o mundo.
Paciente usando lentes de realidade virtual
19/01/16 (08:26)
Investigadores do departamento de Informática da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) desenvolven un sistema de realidade virtual para a rehabilitación do ombreiro. O proxecto, aínda en fase experimental, podería usarse na rehabilitación de calquera parte do corpo.
Xuntanza de VíaGalicia en Lugo
19/01/16 (08:00)
Esta fin de semana celebrouse en Lugo unha sesión de traballo para os 40 proxectos que concorreron nas dúas academias (Vigo e Lugo) da terceira edición de ViaGalicia. Na xuntanza, os responsables destas iniciativas emprendedoras e innovadoras tiveron ocasión de coñecerse, intercambiar información e puntos de vista e fomentar o espírito cooperativo con vistas a garantir un mellor resultado final en cadansúas achegas. Asemade, avanzaron na preparación do vindeiro Demo Day de VíaGalicia.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal