Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Dot Smartwatch

Dot, un reloxo intelixente para persoas cegas

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 18/01/16 (10:41)

Dot é un reloxo intelixente deseñado para persoas cegas, cuxa cara é unha interfaz en Braille. O dispositivo, que ademais de dar a hora e de ofrecer diversas funcións, foi desenvolvido por un grupo de estudantes da Universidade de Washington (EE.UU.), que fundaron a startup Fingers On Strikingly.

A cara do reloxo contén catro celas con seis puntos activos que soben e baixan para crear caracteres en Braille. Ademais, a velocidade pode ser personalizada para axustarse ás preferencias do usuario.

Do mesmo xeito que outros reloxos intelixentes no mercado, Dot foi deseñado para ser pareado cun smartphone mediante a tecnoloxía Bluetooth. De feito, este dispositivo é compatible con terminais que operan con iOS e Android.

Dot inclúe alarma, sistema de notificacións, mensaxes de texto, xiroscopio e sensores táctiles, entre outros. Ademais, os desenvolvedores decidiron agregar unha aplicación para axudar a mellorar o coñecemento do Braille. A aplicación pronunciará unha palabra cuxa tradución ao Braille aparecerá na interfaz do reloxo.

O reloxo está en fase de probas e pronto estará dispoñible para a venda. A páxina web de Dot ofrece máis información sobre este produto (dispoñible só en inglés).

Tema: Xeral
Fonte: Amovil
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal