
Dot é un reloxo intelixente deseñado para persoas cegas, cuxa cara é unha interfaz en Braille. O dispositivo, que ademais de dar a hora e de ofrecer diversas funcións, foi desenvolvido por un grupo de estudantes da Universidade de Washington (EE.UU.), que fundaron a startup Fingers On Strikingly.
A cara do reloxo contén catro celas con seis puntos activos que soben e baixan para crear caracteres en Braille. Ademais, a velocidade pode ser personalizada para axustarse ás preferencias do usuario.
Do mesmo xeito que outros reloxos intelixentes no mercado, Dot foi deseñado para ser pareado cun smartphone mediante a tecnoloxía Bluetooth. De feito, este dispositivo é compatible con terminais que operan con iOS e Android.
Dot inclúe alarma, sistema de notificacións, mensaxes de texto, xiroscopio e sensores táctiles, entre outros. Ademais, os desenvolvedores decidiron agregar unha aplicación para axudar a mellorar o coñecemento do Braille. A aplicación pronunciará unha palabra cuxa tradución ao Braille aparecerá na interfaz do reloxo.
O reloxo está en fase de probas e pronto estará dispoñible para a venda. A páxina web de Dot [3] ofrece máis información sobre este produto (dispoñible só en inglés).
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/dotsmartwatch1.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://fingerson.strikingly.com/