A programación de curso de extensión universitaria, os chamados cursos de verán, arrancou este mércores no campus de Ourense. A Facultade de Ciencias da Educación acolle os días 11, 12 e 13 de maio o curso A sociedade da información II: formación e avaliación de competencias, dirixido por Manuela Raposo e María Beatriz Páramo. Durante as súas sesións afondarase nas competencias clave na sociedade da información e en experiencias e recursos neste eido, como os "mooc", cursos en liña masivos abertos. Entre os temas abordados nas primeiras conferencias estivo a inclusión educativa nun contexto de uso xeneralizado da tecnoloxía.
Un ano máis, a ONCE súmase á conmemoración do Día de Internet (#diadeinternet), o próximo 17 de maio, na súa xa decimosegunda edición, tratando de alertar ás persoas con discapacidade visual dos perigos e riscos existentes no uso das redes sociais e Internet, grazas á colaboración dos efectivos da Policía Nacional e/ou Autonómica.
No proxecto "Teño unha horta en San Sadurniño" tres mulleres de San Sadurniño comparten o coñecemento e a experiencia do traballo no campo. Con móbiles e cámaras fotográficas gravan as labores dunha pequena horta, ensinando trucos e tarefas tradicionais. Ao mesmo tempo, contar coa colaboración e asistencia na gravación de persoas novas, supón un intercambio interxeracional entre os coñecementos en novas tecnoloxías e os traballos tradicionais do campo.