A Deputación de Lugo vai organizar o vindeiro luns 16 unha manchea de actividades para conmemorar o Día Internacional de Internet (o 17 de maio, festividade tamén das nosas Letras). A cita será en San Marcos, na sede do organismo provincial. Serán accións de balde e para persoas de todas idades, segundo fixo saber o voceiro socialista, Álvaro Santos Ramos, que explicou que “adiantamos a celebración desta data un día porque o 17 de maio tamén celebramos o Día das Letras Galegas”.
A Cidade da Cultura de Galicia acolleu esta fin de semana a primeira edición do Gaiás Gaming, un novo evento que arranca en Santiago de Compostela e que ten como obxectivo achegar a tecnoloxía ás novas xeracións, así como unha oferta de lecer alternativa.
A Universidade de Vigo e o seu Grupo de Reciclaxe Informática (GRUVI) seguen adiante co seu compromiso firme a prol das segundas e terceiras vidas para os computadores desbotados ou en desuso procedentes das comunidades universitarias da UVigo e das súas respectivas contornas. Con este fin veñen de abrir unha nova convocatoria para dotar ás asociacións e entidades de lucro que o desexen de equipamentos informáticos usados e postos a punto con ferramentas de software libre.