Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo celebra o luns coa cidadanía o Día de Internet

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 16/05/16 (08:29)

A Deputación de Lugo vai organizar o vindeiro luns 16 unha manchea de actividades para conmemorar o Día Internacional de Internet (o 17 de maio, festividade tamén das nosas Letras). A cita será en San Marcos, na sede do organismo provincial. Serán accións de balde e para persoas de todas idades, segundo fixo saber o voceiro socialista, Álvaro Santos Ramos, que explicou que “adiantamos a celebración desta data un día porque o 17 de maio tamén celebramos o Día das Letras Galegas”.

Santos Ramos engadiu que as actividades arrincarán ás 11.00 horas para prolongarse até as 14:00 horas. Pola tarde, continuarán dende as 17:00 ás 19:30 horas. Habilitaranse dúas carpas diante do Pazo Provincial, nas que se achegarán “numerosas actividades a desenvolver cos dispositivos tecnolóxicos”. Por exemplo computadoras portátiles, tabletas ou consolas Wii, entre outros. O voceiro engadiu que durante a xornada técnicos da Deputación, da Fundación Tic e do Centro Social InLugo axudarán e explicarán a todas as persoas os exercicios ou actividades que se poderán realizar. Por exemplo, practicar xogos on line; coñecer as utilidades que ofrece Street View ou as redes sociais; poñer a proba as súas habilidades en solitario ou en competición con consola Wii e co dispositivo Kinect; sacarse fotografías en numeroso escenarios grazas ao uso dun croma, e levalas como recordo da xornada nun lapis de memoria, etc.

Santos Ramos salientou tamén que estará operativa (“coma sempre”) o servizo de Wi-Fi libre da Deputación, neste caso co nome DiaInternet. Durante toda a xornada porase a disposición da cidadanía o libro de sinaturas en apoio á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal