COCEMFE Alacante puxo en marcha o martes a campaña #Cumplamos2PorCiento, na que se vai a servir das redes sociais, principalmente Twitter, para concienciar ao público xeral e ás empresas sobre a obrigatoriedade do cumprimento da Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade e da súa Inclusión Social, en relación á reserva de emprego.
As persoas con discapacidade supoñen para as empresas unha oportunidade real de negocio se atenden as súas necesidades cunha oferta de produtos e servizos deseñados con criterios de accesibilidade universal e deseño para todos. Esta é unha das conclusións que se derivan do estudo 'O mercado potencial das persoas con discapacidade en España: Oportunidades para a creación de valor compartido', realizado pola Fundación ONCE en colaboración con ESADE Business School e o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI).
A Consellería de Política Social presentou o informe sobre o Plan Operativo de Inclusión Social 2015-2016, un documento que comprende, de xeito detallado e enmarcado nos diferentes obxectivos de inclusión social, as accións que se consideraron prioritarias para estes dous anos.