O Consello Europeo e o Parlamento Europeo lograron alcanzar un acordo despois dunha longa negociación. A Comisión Europea tamén se mostra satisfeita polo acordo. Este acordo, suxeito aínda á aprobación formal en tódolos ámbitos, permitirá establecer a nivel europeo uns requisitos de accesibilidade mínimos para os portais e as aplicacións móbiles do sector público.
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, participou nunha xornada informativa sobre os programas de Galeuropa e Deseñando o teu futuro organizadas polo departamento de Xuventude do concello de Vila de Cruces. Cecilia Vázquez aproveitou o encontro para anunciar a publicación no Diario Oficial de Galicia da convocatoria de axudas destinada ás entidades locais para a promoción da información xuvenil e á realización de proxectos dirixidos á xuventude no ámbito da educación non formal e da participación.
Gaiás Gaming é un evento multiocio que se vai celebrar na Cidade da Cultura e que ten un trasfondo solidario. Alí daranse cita varias ofertas de ocio distintas ó longo dos 3 días que dura o evento, 13, 14 e 15 de Maio.
Preténdese desenvolver unhas xornadas nas que todo o mundo poida desfrutar da súa actividade/deporte preferido e, mentres se divirten, estarán a colaborar cunha boa causa.