Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Presentación de '#MakeWhatsNext'
03/05/16 (09:27)
O ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade en funcións, Alfonso Alonso, instou ás empresas tecnolóxicas a colaborar para acabar cos "clichés" sobre a masculinidade do sector e emprender accións para potenciar o número de mulleres que elixen carreiras profesionais relacionadas coa tecnoloxía.
Vista dun Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) da Xunta.
02/05/16 (12:24)
O 67% dos galegos empregan hoxe internet, case 20 puntos máis que no 2015, cando a poboación que se manexaba na rede non superaba o 48%. O incremento de máis de 350.000 usuarios en cinco anos é un dos principais indicadores á hora de medir a dixitalización da sociedade é especialmente significativo, xa que Galicia medra por riba do conxunto do Estado. As iniciativas públicas desenvolvidas nos últimos anos, tanto desde a Rede de aulas CeMIT como a través do Programa de Voluntariado Dixital, contribuíron á inclusión dixital dunha poboación repartida en 30.000 núcleos e cunha porcentaxe de maiores de 60 anos do 30%. Agora o reto é reducir aínda máis esa fenda dixital e elevar a porcentaxe de galegos que usan internet de maneira habitual até o 75%. Pero os desafíos que impón a evolución tecnolóxica e a Unión Europea van máis aló. Sen abandonar a loita contra a primeira fenda dixital, a do acceso ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), é preciso evitar a segunda fenda dixital, a das habilidades dixitais que facilitan o acceso ás novas profesións; e non perder o tren da innovación social, que permite resolver retos locais coa axuda da tecnoloxía.
Os estudantes Adrià Sallés e Bernat Vila, coa cadeira de rodas DIY Wheelchair. /
02/05/16 (08:32)
Dous estudantes da Universidade Politécnica de Cataluña crearon unha cadeira de rodas de baixo custo que poden fabricar facilmente os familiares ou persoas próximas aos usuarios. A cadeira móntase e desmóntase en 15 minutos, ten un custo de 70 euros e está destinada aos países en vías de desenvolvemento.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal