Do it yourself Wheelchair é o nome co que os estudantes Bernat Vila e Adrià Sallés, tutelados polo profesor Tomeu Ventayol na Universidade Politécnica de Cataluña (UPC), bautizaron a súa cadeira de rodas. Deseñárona e construírona eles mesmos con materiais de fontanaría, aínda que cunha utilidade e resistencia a proba de todo tipo de terreos.
A cadeira está fabricada con tubos de PVC adquiridos nunha ferraxaría, dúas rodas de bicicleta, dúas rodas de carretilla de hipermercado, parafusos e torcas, cun custo total de 70 euros. Os estudantes idearon este deseño de cadeira de rodas para usuarios de países en vías de desenvolvemento: "Poderíase montar con materiais propios de cada rexión, os que sexan máis accesibles. De feito, está pensada para persoas próximas ao usuario final a poidan construír, montar e desmontar elas mesmas".
Outra virtude desta útil innovación é o tempo de montaxe. Segundo afirman os propios estudantes, "calquera persoa pode montar e desmontar a nosa cadeira nun cuarto de hora co material que necesite; abonda con que a primeira vez consulte un tutorial moi intuitivo que elaboramos".
Ademais, o deseño da cadeira DIY Wheelchair contempla dúas tallas conceptualizadas, o Standard e a Kids, cun peso que oscila entre os 15 e o 20 kg. A vida útil do calquera modelo é de entre os 3 e os 5 anos, en condicións normais de uso. Pola súa montaxe conta, ademais, cun kit de ferramentas, así como de recambios por se hai que facer reparacións.
Unha vez montada, a cadeira ten as mesmas prestacións e ofrece a mesma confortabilidade que as cadeiras de rodas convencionais: dispón de coxín no asento, de repousapés, de empuñadura para empuxala, de respaldo e de rodas autopropulsables (é dicir, que as persoas usuarias poderán facer rodar para ter así máis autonomía).
Á hora de proxectala, os seus creadores expuxéronse un obxectivo triplo: contribuír á inclusión social de persoas con discapacidade nos países en vías de desenvolvemento, mellorar a mobilidade para persoas con poucos recursos e promover a utilización de recursos propios para fabricar a cadeira. Por iso, este proxecto foi incluído dentro do programa Do it yourself da Fundación Isidre Esteve, que pretende facilitar ferramentas para mellorar a vida das persoas en países en vías de desenvolvemento utilizando a enxeñaría e fomentando as actividades físicas e lúdicas.
70 millóns de persoas necesitan unha cadeira de rodas
De feito, no documento de presentación do seu traballo de fin de grao, os estudantes achegan datos do informe sobre discapacidade da OMS, segundo o cal 70 millóns de persoas no mundo necesitan unha cadeira de rodas. Destes, só o 15,5% a poden adquirir. O mesmo informe recolle, por exemplo, que na India o 47,8% das persoas con discapacidade teñen que arrastrarse elas mesmas, mentres que o 38,6% utiliza un bastón ou muleta e o 9,7% non ten ningunha posibilidade de moverse fóra da cama. O 78% das persoas con discapacidade motriz tratadas neste país nunca tivo acceso a unha cadeira de rodas.
"Ante esta realidade", explican os estudantes Bernat Vila e Adrià Sallés, "pensamos que poderiamos achegar os nosos coñecementos para paliar dalgunha maneira estas carencias e facilitar a vida ás persoas con discapacidade motriz que máis o necesitan. Por iso traballamos coa Fundación Isidre Esteve para poder facer chegar a nosa cadeira aos países que máis a necesitan, que son, na súa maioría, africanos".
As organizacións Cruz Vermella e a Fundación Deporte Solidario Internacional interesáronse nesta cadeira de rodas e están a colaborar para que se poida empezar a utilizar en Senegal. Outra ONG que colaboran co proxecto son a Fundación ACAPS, Medicus Mundi Catalunya, Obra Social de San Juan de Deus, Fundación Step by Step, Gracare, Asociación Rostros, Cores e Soños e a Fundación Vicente Ferrer.
Vila e Sallés son estudantes na Escola Superior de Enxeñarías Industrial, Aeroespacial e Audiovisual de Terrassa (ESEIAAT) da UPC. A cadeira é o resultado do seu proxecto final de grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto, dirixido por Tomeu Ventayol, profesor da ESEIAAT e membro da Fundación CIM, quen lles propuxo a realización dun obxecto con utilidade real e práctica.
Rexístrate como: