Os negociadores do Parlamento Europeo, o Consello e a Comisión aprobaron o 3 de maio as primeiras normas a nivel da UE para aumentar a accesibilidade dos sitios web e as aplicacións móbiles dos organismos do sector público, especialmente para as persoas cegas, xordas ou con dificultades auditivas.
Internet converteuse nun medio esencial para acceder ou permitir o acceso a información e servizos. Por iso, é máis necesario que nunca garantir que todo o mundo poida comprender e manexar sitios web e aplicacións móbiles, así como interactuar adecuadamente cos mesmos.
Na UE existen unhas oitenta millóns de persoas con algún tipo de discapacidade. A medida que envelleza a súa poboación, a cifra aumentará até alcanzar os 120 millóns en 2020. É preciso establecer un enfoque común que garanta a accesibilidade á rede, o que contribuiría á consecución dunha sociedade dixital integradora e ao despregamento dos efectos benéficos do Mercado único dixital en beneficio de todos os cidadáns europeos.
A Directiva cubrirá tódolos sitios web e aplicacións móbiles do sector público, desde os das administracións, tribunais e servizos de policía aos dos hospitais, universidades e bibliotecas públicas, e fará que sexan accesibles a tódolos cidadáns, en particular aos cegos, os xordos ou as persoas con dificultades auditivas, visuais ou funcionais.
O texto acordado da Directiva:
Próximos pasos
Tra-lo acordo político provisional alcanzado a noite do 3 de maio (no «triálogo» de negociación entre o Parlamento Europeo, o Consello e a Comisión), o texto deberá ser formalmente aprobado polo Parlamento Europeo e polo Consello a través do COREPER (Council Committee of Permanent Representatives). A continuación publicarase no Diario Oficial e entrará en vigor de forma oficial. Os Estados membros disporán de vinte e un meses para transpor o texto na súa lexislación nacional.
As normas establecidas entrarán en vigor para os portais novos 12 meses despois da trasposición, para o resto de portais 24 meses despois da trasposición e para as aplicacións móbiles 33 meses despois da trasposición.
Rexístrate como: