Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Foro Inserta Responsable

O mercado das persoas con discapacidade, unha oportunidade real de negocio

  • Segundo un estudio da Fundación ONCE presentado polo Foro Inserta Responsable.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 09/05/16 (12:54)

As persoas con discapacidade supoñen para as empresas unha oportunidade real de negocio se atenden as súas necesidades cunha oferta de produtos e servizos deseñados con criterios de accesibilidade universal e deseño para todos. Esta é unha das conclusións que se derivan do estudo 'O mercado potencial das persoas con discapacidade en España: Oportunidades para a creación de valor compartido',  realizado pola Fundación ONCE en colaboración con ESADE Business School e o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI).

Este traballo foi presentado en Madrid nunha xornada do Foro Inserta Responsable baixo o título 'O talento diverso como fonte de innovación cara ao mercado potencial de clientes con discapacidade e necesidades especiais en España'. A inauguración da mesma correu a cargo da secretaria e directora xeral de FSC Inserta, Virginia Carcedo; o presidente do Cermi, Luís Cayo Pérez Bueno, e o director de relacións institucionais de Esade, José María de la Villa. Pecharon o acto o vicepresidente executivo da Fundación ONCE, Alberto Durán, e o presidente de Cepyme, Antonio Garamendi.

'O reto consiste en que as persoas con discapacidade se convertan nun obxectivo preferente para as empresas. Só en España, representamos máis de once millóns de potenciais consumidores e clientes, incluídas as familias. Acceder a todos os produtos en igualdade de condicións é un tema de dereitos, pero tamén de rendibilidade e negocio', explicou Carcedo.

Pola súa banda, Pérez Bueno incidiu no feito de que, con este estudo, 'achegamos un bo argumentario económico, non só voluntarista, senón contrastado con datos e cifras, porque as persoas con discapacidade debemos contribuír tamén a alumar novos discursos que melloren a nosa calidade de vida'.

Por último, José María de la Villa, director de Relacións Institucionais de Esade, cualificou esta investigación de 'moi práctica', á vez que destacou que as súas conclusións e recomendacións 'xeran valor económico e social'.


Os autores do estudo
O estudo 'O mercado potencial das persoas con discapacidade en España' foi realizado polos expertos Manuel Alfaro e Ismael Vallés, quen expuxeron nas xornadas algunhas das bondades e especificacións do mesmo, moderados por Miguel Ángel Cabra de Luna, director de Relacións Sociais e Internacionais e Plans Estratéxicos da Fundación ONCE.

'Aínda que só sexa polas cifras, merece a pena pensar no nicho de mercado do que falamos. No mundo hai ao redor de mil trescentas millóns de persoas con discapacidade, cun potencial poder de compra de oito billóns de dólares. O problema é que a cadea de negocio segue centrándose no produto, máis que nos consumidores e as súas necesidades reais, e urxe cambiar este paradigma', asegurou Vallés, quen, glosou que, 'ademais, dos produtos pensados para as persoas con discapacidade en tódalas fases da cadea de valor beneficiaranse outros colectivos, e non só os maiores porque Quen non quere gozar de pequenos electrodomésticos cun uso máis sinxelo? Quen non querería ter un fogar con portas amplas, con corredores máis espazosos?'.

Alfaro, pola súa banda, recalou no compromiso que deben adquirir as empresas para que as persoas con discapacidade sexan, de facto, un grupo de interese para a súa conta de resultados. 'Existe unha boa acollida das empresas a todo o que sexa ampliar o seu mercado, pero teñen que introducir cambios na súa maneira de traballar, han de contar coa participación de todos os actores implicados na cadea de valor, tamén, por suposto, cos consumidores, pero non ao final do proceso, senón ao principio'.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal