Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Oitava edición da “Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia”
06/06/16 (08:17)
As colexiadas e colexiados do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebraron hoxe a oitava edición da “Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia”, unha gala na que a reivindicación e a reflexión deixaron lugar tamén para o divertimento. Conducido pola estrela televisiva Leo Harlem, o acto celebrouse no Hotel-Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela, e contou cun cóctel de benvida e diversos entretementos de realidade virtual e aumentada, ademais de magos e caricaturistas, a entrega dos premios anuais, unha cea de gala e a actuación do artista convidado.
Logo INclúe
06/06/16 (07:58)
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Consellería de Política Social, acaba de publicar no repositorio de software libre da Xunta de Galicia o código fonte da ferramenta tecnolóxica INclúe (http://forxa.mancomun.org/projects/inclue) baixo licenza libre.
Logo CeMIT-Innova
03/06/16 (09:11)
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de seleccionar os 9 centros da rede CeMIT que participan na segunda edición do proxecto de Innovación Social Dixital, CeMIT-Innova, unha das iniciativas do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020. Os Concellos e aulas CeMIT de Ares, A Bola, Celanova, Cuntis, Oroso, Mos, Ourense (A Molinera), Pontedeume e Santiago de Compostela, desenvolverán, ao longo do ano, diferentes iniciativas de base tecnolóxica e, en colaboración con axentes locais, para dar resposta a retos e necesidades da súa contorna máis próxima.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal