Desde o Plan de formación continua do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, impulsado pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, ponse en marcha unha nova actividade formativa: Innovación Social Dixital dende unha análise de ferramentas Canvas.
A Fundación Vodafone vén de formalizar a súa adhesión como aliado dixital ao Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, que desenvolve a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Como resultado desta alianza, ambas entidades puxeron en marcha este mes a segunda edición do proxecto “Aprende a usar o smartphone” para introducir ás persoas maiores no manexo dos teléfonos móbiles intelixentes.
O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia convocan unha nova edición dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2016. Estas distincións foron instituídas coa finalidade de fomentar o apoio e a promoción do sector TIC en Galicia e a súa entrega terá lugar durante o trascurso da XXI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.