Feijóo resaltou a consolidación do Gaiás como “o corazón dixital de Galicia”, no que traballan 400 profesionais TIC, entre os traballadores da Amtega, de empresas tecnolóxicas que colaboran con proxectos públicos de transformación dixital e doutras iniciativas como o Galicia Open Future de Telefónica. Ademais, anunciou a posta en marcha, en colaboración con Vodafone, dun novo centro para impulsar a Innovación Social Dixital.
A Asociación de Telecentros abrirá un novo proceso formativo para os dinamizadores das súas redes de telecentros, esta formación que se realizará a través da plataforma de e-learning form@carm, é froito da colaboración da asociación coa Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia e a Fundación Integra, e nela un total de 600 dinamizadores das redes de telecentros de, Andalucía, Asturias, Castela e León, Estremadura, Forteventura, Galicia e Navarra poderán realizar varios cursos ata marzo de 2017.
Un novo faladoiro dixital organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) desenvolverase o vindeiro 8 de xullo dentro da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital. O encontro, que analizará a creatividade dixital, desenvolverase no Edificio Cinc da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, de 09.45h a 14.00h.